Hoxe saíron as mochilas viaxeiras cara as clases, pronto chegaran ás casas.
4/10/24
27/9/24
12/9/24
Benvidos ao curso 2024/2025
Empezaron as clases, un novo curso cheo de emocións, ilusións, novos propósitos e un novo tema na Biblioteca.
Adiviñades cal é?
27/5/24
Avaliación da biblioteca
O curso xa está a rematar, e precisamos a vosa axuda. Os alumnos do centro poden completar a seguinte enquisa para amosarnos cal é a vosa opinión sobre o funcionamento da biblio.
Só tedes que clicar no seguinte enlace e completar as preguntas. É moi doado.
Enquisa biblioteca
Letras Galegas 2024
Este ano adicase o Día das Letras Galegas a Luísa Villalta, para homenaxeala este ano fixemos un Certame Literario en todo o centro, con resultados marabillosos tal e como se ve na imaxe.
O alumnado do 3º ciclo creou un gran mural para decorar a nosa entrada. Panel que se usou tamén para dar unha pequena formación, por parte do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, sobre a figura da homenaxeada.
E para rematar a celebración, o venres día 24 desfrutamos dunha actuación do grupo musical veciño: "Amigos da gaita, aire e pau".
29/4/24
A Dragona Ramona
A semana pasada achegouse a Dragona Ramona ao noso cole a contarnos un conto
24/4/24
22/4/24
Mes do libro
Co gallo do día do libro, o 23 de abril, tivemos a sorte de disfrutar da visita de varias escritoras.
19/4/24
2/4/24
Día do Libro Infantil
Hoxe, 2 de abril, é o Día do Libro Infantil, data de nacemento de Hans Christian Andersen. O obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
8/3/24
Día da Muller- 8 M
6/3/24
1/3/24
26/2/24
Rosalía de Castro
Para conmemorar o día de Rosalía de Castro este ano fixemos unha selección de libros para ter dispoñibles na biblioteca e ademáis cada aula preparou un poema da homenaxeada e creamos con estes poemas un xardín para Rosalía e cada aula plantou un pensamentos e recitou o poema diante do xardín. Aquí vos deixamos unhas imaxes que o amosan.