12/5/15
19/12/14
CALENDARIO 2015
No cole fíxose un calendario para que nos
acordásemos das datas...máis...sinaladas. Os compañeiros e compañeiras de Normalización Lingüística escolleron un refrán para cada mes.
A Bulebule gustoulle tanto que prometeu que será o agasallo para quen nos visite na Biblioteca.
Aí o tedes:
17/12/14
RECOMENDACIÓNS LECTURAS DE NADAL
Bulebule quérevos recomendar as seguintes lecturas
para o voso tempo de lecer en Nadal. Pedir un libro como agasallo é sempre unha
moi boa idea!!!
3/12/14
Día Mundial da Discapacidade
As Nacións Unidas declararon este día como o Día Mundial da Discapacidade.
Unha de cada sete persoas no mundo ten algún tipo de discapacidade, son 1.000 millóns. O tema deste ano é a reclamación de accesibilidade ás novas tecnoloxías. Imprescindible para acadar o estándar de vida do século XXI.
Unha de cada sete persoas no mundo ten algún tipo de discapacidade, son 1.000 millóns. O tema deste ano é a reclamación de accesibilidade ás novas tecnoloxías. Imprescindible para acadar o estándar de vida do século XXI.
1/12/14
É TEMPO DE NADAL
Pouco a pouco vai chegando o tempo de Nadal Bulebule vai preparando unha selección
de lecturas. Achegádevos pola
Bibliioteca e verédeas…
23/11/14
CELEBRAMOS O MAGOSTO
A festa do MAGOSTO é sempre moi
divertida. Os “reporteiros e reporteiras” do ENDL...recólleno...moi... ben. Fixádevos!!! Clicade na imaxe
20/11/14
Día Universal dos Dereitos dos Nenos e nenas
Hoxe celébrase o Día Universal dos Dereitos dos Nenos e nenas. Todos e cada un
destes dereitos que están recollidos na DECLARACIÓN DOS DEREITOS DO NENO E NENA e na CONVENCIÓN SOBRE OS DEREITOS DO NENO E DA NENA, son inalienables
e irrenunciables, polo que ningunha persoa debe vulneralos e todos debemos coñecelos. No seguinte video podemos ver cales son algúns deses dereitos:
2/11/14
SAMAÍN
Os nosos compañeiros e
compañeiras do Equipo de Dinamización e Normalización
Lingüística prepararon esta presentación sobre a celebración do Samaín no noso
centro. A Bulebule gustoulle moito e agarda que a vós tamén.
SAMAIN 2014 on PhotoPeach
SAMAIN 2014 on PhotoPeach
30/10/14
28/10/14
OUTONO: MAGOSTO, SAMAÍN E DÍA DO PEÓN
Xa se achegan o Magosto e Samaín
Secretaría Xeral de Política Lingüística
Na páxina da
Secretaría Xeral de Política Lingüística podemos atopar unha compilación de
actividades para traballar estes días previos á celebración do SAMAÍN.
Para coñecer
novas, cantigas, refráns, adiviñas e outras moitas cousas sobre o magosto e o
Samaín podedes consultaer os seguintes enlaces. Animádevos ¡!!
Bulebule non quere faltar a esta cita:
O día do Peón é outra celebración que non vos podedes perder. Clicade na imaxe!!!
23/10/14
9/10/14
MOCHILAS VIAXEIRAS
Os libros gustan da viaxe e da sorpresa, agardan nos andeis ou nos expositores por esa man que, ao abrilos, poña en funcionamento a maxia da lectura.
A mochila viaxeira permitirá levar libros á casa para compartilos coa familia: ese conto que tanto nos gustou, ese libro de poemas que ten palabras fermosas, as imaxes dun libro que tanto me abraiaron, esa música que fai bailar ás pedras, unha película, un libro que fala do tema que andamos a estudar...
A mochila viaxeira está pensada para que, desde a Biblioteca Escolar, se poida organizar unha actividade que implique ás familias, e así proporcionar un motivo de encontro entre os distintos membros desta, tomando como motivo o mundo dos libros e da lectura.
A mochila é o
soporte que permite aos rapaces e rapazas levar á súa casa, en préstamo
temporal, uns materiais que reforcen o vínculo entre familia e escola na súa
labor común para a formación dos lectores máis novos.
A fórmula
para decidir quen se leva a mochila para a casa será variada: unhas veces por orde
alfabética outras por sorteo ou por orde de petición...
No que
solicitamos a colaboración das familias para expresar o que observan con respecto
aos hábitos de lectura dos seus fillos ou fillas, a súa opinión sobre a
actividade, as súas propostas de mellora…
Aí van tan contentos os de 4º e 2º coas súas mochilas cheas de historias...
29/9/14
ANIVERSARIO DE MAFALDA
O popular
personaxe de Quino cumpre este 2014 cincuenta anos e aínda que as súas tiras non
se publican dende 1973, segue sendo unha figura recoñecida a nivel
internacional, con fans en case calquera canto do planeta.
Joaquín Salvador Lavado, nace, fillo de
inmigrantes españois, andaluces, na cidade de...Mendoza (Arxentina) o 17 de xullo aínda que nos rexistros oficiais
conste nacido o 17 de agosto. Dende que naceu chamoullo Quino para distinguilo
do seu tío Joaquín Tejón,
pintor e debuxante publicitario con quen aos 3 anos descobre a súa vocación.
Comeza a escola primaria onde descobre que o seu verdadeiro nome é Joaquín...e vive as dificultades do seu personaxe Felipe: «Me angustiaba
tanto que en los primeros tres meses tenía malas notas, pero después terminaba
el año con notas altas, aunque nunca era el primer alumno y eso me daba bronca».
28/9/14
“ AS MULLERES PINTORAS, AS GRANDES ESQUECIDAS”.
O proxecto que
desenvolveremos dende a Biblioteca neste curso terácomo eixo as mulleres pintoras e leva como título:
“ AS
MULLERES PINTORAS, AS GRANDES ESQUECIDAS”.
As pintora elixida para
cada curso é:
- Infantil: Maruja Mallo
- 1º e 2º de Primaria : María Antonia Dans
- 3º e 4º de Primaria: Xulia Minguillón
- 5º e 6º de Primaria: Georgia O´Keeffe e Frida Kahlo
Bulebule non esquerá outras celebracións e actividades que teñan lugar no centro, pero agarda que a PINTURA vos resulte moi interesante!
12/9/14
BENVIDAS E BENVIDOS curso 14/15
BENVIDAS E BENVIDAS un ano
máis a este blogue da Biblioteca do CEIP Isaac Díaz Pardo.
E sobre
todo, Bulebule quere darlle a máis agarimosa benvida a todo o alumnado que vén
por vez primeira ao noso cole. Tamén botaremos en falta eses mozos e mozas que
remataron a súa estadía nestas aulas. E, como non, estrañamos xa a Mestres e
mestras e compañeiras e compañeiras que de seguro nos lerán desde
outros centros.Neste blogue atoparedes información sobre os libros de lectura que vos
recomendamos para este curso, sobre as novidades que se van fichando para a
biblioteca..., sobre as actividades que levemos a cabo desde o Departamento de
Dinamización da Biblioteca…
Para todos vós, sabedes que aquí tedes o voso espazo para compartirmos
lecturas, lingua, moitas actividades e amizade.
BO DÍA!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



































