BULEBULE VIAXA POLA REDE

27/5/24

Avaliación da biblioteca

 O curso xa está a rematar, e precisamos a vosa axuda. Os alumnos do centro poden completar a seguinte enquisa para amosarnos cal é a vosa opinión sobre o funcionamento da biblio. 


Só tedes que clicar no seguinte enlace e completar as preguntas. É moi doado. 


Enquisa biblioteca


Moitas grazas pola vosa axuda. 



Letras Galegas 2024

 Este ano adicase o Día das Letras Galegas a Luísa Villalta, para homenaxeala este ano fixemos un Certame Literario en todo o centro, con resultados marabillosos tal e como se ve na imaxe. 




Houbo premios para o mellor conto, poema e comic de cada aula e tamén premios colectivos en infantil e primeiro ciclo de primaria. Contamos tamén cun contos especial para aqueles traballos relacionados co nosos tema dos inventos e a defensa da nosa lingua: 


O alumnado do 3º ciclo creou un gran mural para decorar a nosa entrada. Panel que se usou tamén para dar unha pequena formación, por parte do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, sobre a figura da homenaxeada. 



E para rematar a celebración, o venres día 24 desfrutamos dunha actuación do grupo musical veciño: "Amigos da gaita, aire e pau".