
22/12/12
20/12/12
BICENTENARIO DOS CONTOS DOS IRMÁNS GRIMM
Hoxe cúmplense 200 anos dos contos dos Hermanos Grimm,
escritores de orixe alemán e autores de historias tan coñecidas como
"Hansel e Gretel", a "Carapuchiña Vermella"...
Durante o día de hoxe (20 de decembro), se ides a
Google poderedes ver unha fermosa animación do conto da Carapuchiña Vermella.
Aquí vola deixo:
O 20 de decembro de 1812 apareceu a primeira edición
dos contos recompilados polos irmáns Jacob e Wilhelm Grimm, un
libro destinado a converterse nun dos máis coñecidos do mundo.
Dende entón os contos dos irmáns Grimm, como se lles
coñece, foron traducidos a 170 idiomas e dende 2005 a primeira edición, que se
encontra en Kassel (centro de Alemaña) forma parte do Patrimonio Cultural da
Humanidade.
O bicentenario desa primeira edición servirá en Alemaña para dar comezo ao chamado Ano Grimm, que se prolongará durante todo 2013 e que terá como epicentro Kassel, cidade na que viviron os dous irmáns entre 1798 e 1841.
O bicentenario desa primeira edición servirá en Alemaña para dar comezo ao chamado Ano Grimm, que se prolongará durante todo 2013 e que terá como epicentro Kassel, cidade na que viviron os dous irmáns entre 1798 e 1841.
BULEBULE anda a preparar algo para sumarse a
esta celebración. Estade atentos e atentas!!!
Aí tedes unha mostra, en video, para os perguiceiros á hora de ler:
19/12/12
LENDO NO NADAL
desexa
que pasedes unhas moi boas festas, acompañados e acompañadas polas vosas
familias, amizades e por suposto dunhas boas lecturas.
Aquí vos deixa unhas recomendacións moi suxerentes.
Aquí vos deixa unhas recomendacións moi suxerentes.
NADAL
Aí tedes o escritorio de
netvibes cun sinfín de propostas, ideas, actividades... para o nadal. Grazas a Xoanca
pola escolla e agardamos que vos guste e sexa de utilidade (preme na imaxe para acceder ao escritorio):
18/12/12
120 aniversario do ballet “ O crebanoces”
Hai 120 anos que se estrenou o ballet de “ O crebanoces”, no teatro Mariinsky de San Petersburgo, en Rusia.
“ O
crebanoces”, (en ruso: Щелкунчик,
Schelkúnchik), é un conto de fadas-ballet en dous actos e tres esceas de Piotr
Ilich Chaikovski(1840–1893), composto en 1891–1892.
Tchaikovski
puxo música á adaptación de Alejandro Dumas (pai) do conto O crebanoces e o rei
dos ratos, de Ernst Theodor Amadeus Hoffmann. Nos países occidentalis O
crebanoces convertiuse no máis popular de todos os ballets, principalmente
representado en Nadal.
Tchaikovsky
foi un compositor ruso do periodo do romanticismo.Naceu en 1840 e faleceu en
1893. Estudou en San Petesburgo, e tivo entre os seus mestres ó compositor e
pianista A.Rubinstein. É mundialmente conocido pola súa música para
ballet ( O lago dos cisnes, A Bela Durminte, O Crebanoces ). As súas obras máis
coñecidas caracterízanse por ter pasaxes moi melódicos que suxiren unha
profunda melancolía, incorporando outros da música popular. Cultivou diversos
xéneros musicais. Introduciu a celesta como instrumento na orquestra sinfónica.
A historia sucede en Alemania en torno a 1850 na casa do xuiz
Stahlbaum que tén dous fillos: Clara e Fritz. Na víspera do Nadal, o xuiz
ofrece unha festa ás familias máis respetables de Nuremberg. A esta festa está
invitado o padriño de Clara, Herr Darosselmeyer, que acude acompañado do seu
sobriño Daniel. Drosselmeyer é fabricante de reloxos e xoguetes mecánicos. Leva
agasallos para a festa e a Clara regálalle un crebanoces con forma de soldado
de madeira. Pero, o seu irmán Fritz rómpello, quedando desconsolada.
Drosselmeyer arránxalle o crebanoces. Ó final da festa Clara queda dormida nun
sillón da casa e terá un fabuloso soño. En soños, Clara regresa xunto á árbore
de Nadal para coller o seu agasallo e sorpréndese porque a casa está chea de
ratos xigantes. No soño aparece Drosselmeyer que da vida ó crebanoces e
convirte ós soldadiños de chumbo de Fritz nun pelotón que pelexará contra os
ratos. O Crebanoces lidera a loita e Clara axúdalle, caendo o Rei dos Ratos
derrotado. Ó final da loita ,Drosselmeyer convirte o salón nun bosque invernal
donde Clara e o Crebanoces, que se convertira nun aposto príncipe, bailan coas
folerpas, co Rei e a Raíña das Neves.
Clara e o príncipe Crebanoces continúan a súa viaxe polo mundo dos
soños e chegan ó reino dos doces donde a raíña os espera e os agasalla facendo
que varios bailaríns de distintas partes do mundo bailen para eles. Finalmente
o soño de Clara remata, decatándose que todo foi froito da imaxinación. Os seus
pais vana buscar para que despida a Drosselmeyer que regresa ó seu taller co
seu sobriño Daniel. ¡E cal sería a sorpresa ó darse conta que o príncipe
Crebanoces non era outro que Daniel!
Aquí tedes a historia para pequenos e maiores:
Para
aprender un chisquiño máis sobre este conto preme no seguinte enlace:
3/12/12
3 de decembro: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
No 1992,
ao remate do Decenio das Nacións Unidas para os Impedidos (1983-1992),
a Asemblea Xeral proclamou o día 3 de decembro Día Internacional das Persoas
con Discapacidade. O Decenio fora un período de toma de conciencia e de medidas
orientadas cara á acción e destinadas á constante mellora da situación das
persoas con discapacidades e á consecución da igualdade de oportunidades para
elas. Posteriormente, a Asemblea fixo un chamamento aos Estados Membros para
que destacasen a celebración do Día, con miras a fomentar unha maior
integración na sociedade das persoas con discapacidade.
Bulebule atopou no blog amigo "La clase del Payaso" o seguine glogster para conmemorar devandita data. Clica no enlace que está á par da imaxe para velo:
Grazas ás autoras do glogster e agardamos. ao igual ca elas, que vos guste e vos sexa útil.
2/12/12
Libros novos na biblioteca
Bulebule acaba de recibir unha nova achega de libros, esta vez doados por Carlos Vejo Veiga de 5º A.
Moitas grazas a el e á súa familia por este xeneroso xesto. GRAZAS
Moitas grazas a el e á súa familia por este xeneroso xesto. GRAZAS
26/11/12
25 de novembro: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
A expresión violencia de xénero (wikipedia) é un tipo de violencia física ou psicolóxica exercida
contra calquera persoa sobre a base do seu sexo ou xénero que impacta de xeito
negativo na súa identidade e benestar social, físico e psicolóxico.
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: CONTO NARRADO
Conto: " TANGA Y EL GRAN LEOPARDO". Conto narrado, na tradición dos contacontos, para conmemorar nas aulas o día 25 de novembro.
Preme neste enlace para escoitar o conto e acceder a diversas actividades:
Non
debemos esquecer que non todo o maltrato é físico, tamén hai outros tipos de
maltrato como este que podedes ver a continuación, o chamado "maltrato
sutil"
20/11/12
23º aniversario do Día dos Dereitos dos nenos e nenas.
Bulebule súmase a
conmemoración do Día Dos Dereitos dos
nenos e nenas.
Tal día coma hoxe, un 20 de novembro de 1989, a Asamblea Xeral da ONU
aprobou a Declaración Universal dos Dereitos dos nen@s.
Agora estamos a celebrar o vixésimo terceiro aniversario.
Realízanse actividades para promover o benester de todos os nenos do
mundo e reclámase que se cumpran os dereitos que todos, absolutamente todos os
nenos, posúen.
DEREITOS:
1. Dereito á igualdade, sen distinción de raza, relixión ou
nacionalidade.
2. Dereito a unha protección especial para que poidan crecer física,
mental e socialmente sans e libres.
3. Dereito a ter un nome e unha nacionalidade.
4. Dereito a unha alimentación, vivenda e atención médica
adecuadas.
5. Dereito á educación e atencións especiais para os nenos
física ou mentalmente diminuídos.
6. Dereito á comprensión e amor por parte das familias e
da sociedade.
7. Dereito a unha educación gratuíta. Dereito a divertirse e xogar.
8. Dereito a atención e axuda preferentes en caso de perigo.
9. Dereito a ser protexido contra o abandono e a
explotación no traballo.
10. Dereito a recibir unha educación que fomente a solidaridade, a
amizade e a xustiza entre todo o mundo.
Deixámosvos uns enlaces onde atoparedes unha chea de recursos e actividades para coñecer máis deste tema.
Pouco a pouco iremos sabendo máis dos nosos dereitos pero tamén nos temos que acordar que iso implica ter tamén deberes.
Ata sempre MILIKI ! !
BULEBULE recorda a figura profesional e
humana de Emilio Aragón, 'Miliki', falecido este
domingo aos 83 anos. O humorista era, dende o ano 2000, embaixador de Unicef.
Recordaremos a MILIKI porlo seu afecto e compromiso cos nenos, tanto dentro coma fóra das pantallas, polo que aseguramos que nunca será esquecido. Ata sempre!!
18/11/12
5/11/12
III día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego

O III Día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego celébrase este ano desde o 16 de outubro ata o 5 de novembro. Este evento está organizado polas asociacións IGACIENCIA, AGAPEMA, ENCIGA e APETEGA, e ten coma principal obxectivo defender a idoneidade do uso do galego nas áreas de ciencias e de tecnoloxía.
Este ano adícase o día da Ciencia en Galego á Tecnoloxía, e os científicos a homenaxear son: Leonardo da Vinci, como científico Universal e universalmente coñecido, e Ramón Verea, como inventor galego dunha das primeiras calculadoras.
Non é estritamente necesario que estas actividades en galego se fagan estes días, a ciencia e a tecnoloxía poden ser en galego todos os días do ano!
Se queredes máis información premede neste enlace : http://www.cienciaengalego.org/
1/11/12
É tempo de ler contos de medo...
Agora que estamos
no tempo do Samaín
(que outros chaman Halloween), e todos
andamos na procura de historias de medo e
deixando cabazas medorentas, arañas
arrepiantes, esqueletes bailaríns e tremendas
pantasmas... queremos compartir con
vos os libros que bulebule seleccionou. Podedes atopalos na bilio .
Deixamos, tamén este enlace onde atoparedes un sinfín de actividades, datos... sobre estas datas. Agardamos que vos gusten:
Deixamos, tamén este enlace onde atoparedes un sinfín de actividades, datos... sobre estas datas. Agardamos que vos gusten:
25/10/12
24/10/12
MOCHILAS VIAXEIRAS EN INFANTIL
Este curso
comezaron tamén a súa viaxe as mochilas viaxeiras dos
lectores e lectoras de 5º
e 6º de Educación
Infantil.
Boa viaxe !!
Etiquetas:
Actividades curso 2012/2013,
mochilas viaxeiras
23/10/12
24 de OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA
As
bibliotecas escolares galegas viviron importantes
transformacións nos últimos anos,
grazas ao esforzo conxunto de comunidades educativas e administración, nunha
tarefa que ten como finalidade ofrecer máis e mellores instrumentos ao alumnado
para a súa formación académica e persoal. Estas transformacións non foron só físicas
(moito profesorado afirma que a biblioteca é o espazo máis fermoso do
seu centro); o cambio máis importante é o que se produce no centro
educativo cando
a biblioteca se activa, porque arredor das súas
propostas e dos seus recursos, da actividade que xenera e os apoios que presta,
botan a andar (ou cobran forza, asentándose) dinámicas de traballo
diferente, prácticas pedagóxicas máis activas, propostas máis
colaborativas, proxectos ilusionantes que axudan a construír coñecemento e a
construír comunidade tamén. As bibliotecas, ao renovarse e activarse,
confírmanse como aceleradores
de innovación, de innovación educativa.
Con este lema, Biblioteca escolar,
acelerador de innovación,
preséntase o cartel que neste curso 2012/2013 editou a Consellería de
Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co gallo da celebración do mes
da biblioteca escolar (outubro) e do Día da Biblioteca (24 de outubro) . Nesta
ocasión, a ilustración correspondeu ao creador galego Andrés
Meixide, que vén sumarse así aos
ilustradores que teñen colaborado con esta consellería no obxectivo de
difundir as posibilidades da biblioteca escolar (Manuel Mariño/2008, Miguelanxo Prado/2009, Marina Seoane/2010, Emma Ríos/2011)
20/10/12
NOVAS ADQUISICIÓNS NA BIBLIOTECA
18/10/12
AS MOCHILAS COMEZAN A SÚA VIAXE

Un ano máis, as mochilas viaxeiras inician a súa traxectoria polas casas de todas as familias dos nosos alumnos e alumnas para que poidades compartir as lecturas, intercambiar opinións, expresar emocións...
Agardamos que sexan do voso agrado.
Non esquezades facer anotacións, debuxos, suxestións... no Diario da Mochila.
Mochilas viaxeiras.... BOA VIAXE!!!!
Música e letra do video:
Canción das tres cucharas. Luís Pimentel- Musicado por Abe Rábade
Tac, tac, tac
cuchara de pau
cunca de madeira
o meu neno
está na lareira.
Tin, tin, tin
cuchara de prata
cunca do pazo
o meu neno
está no regazo.
Ton, ton, ton
cuchara de ouro
cunca de cristal
o meu neno
é príncipe real.
Pimentel, Luís (1989) Poesía galega (Vigo: Edicións Xerais)
cuchara de pau
cunca de madeira
o meu neno
está na lareira.
Tin, tin, tin
cuchara de prata
cunca do pazo
o meu neno
está no regazo.
Ton, ton, ton
cuchara de ouro
cunca de cristal
o meu neno
é príncipe real.
Pimentel, Luís (1989) Poesía galega (Vigo: Edicións Xerais)
6/10/12
50 anos da edición de Love me do de The Beatles

5/10/12
5 de outubro: DÍA DO MESTRE
No mundo enteiro, a educación de calidade ofrece a esperanza e a promesa de mellorar as condicións de vida.
Queremos facer a nosa pequena homenaxe a todos e todas os que exercemos a función docente a través deste poema de Gabriel Celaya:

A UNESCO instaurou o 5 de outubro como Día Mundial das e os Docentes en 1994 para conmemorar a firma da RecomendaciónOIT/UNESCO relativa á situación do persoal docente de 1966 (pdf116 kb). O Día Mundial dos Docentes tamén pon de relevo a Recomendación sobre a condición do persoal docente do ensino superior de 1997 .
Segundo a UNESCO, o Día Mundial dos Docentes representa un signo significativo da concienciación, a comprensión e o aprecio despregados ante a contribución vital dos profesores en prol da educación e do desenvolvemento. A Internacional da Educación cre firmemente que este Día dos Docentes debería internacionalmente ser recoñecido e celebrado en todo o mundo. A IE tamén considera que, nesta data aniversario, os principios das Recomendacións de 1966 e 1997 deberían ser considerados para a súa aplicación en todos os países.
Máis de 100 países celebran o Día Mundial dos Docentes. Os esforzos da Internacional da Educación e das súas 348 organizacións membro contribuíron a este amplo recoñecemento.
Cada ano a
Internacional da Educacion leva a cabo unha campaña de concienciación para
destacar as aportacións da profesión docente.
Dedicado
a todos os mestres, docentes ou guías comprometidos coa educación dos seus
alumnos e alumnas. Aqueles que loitan día a día por unha mellor sociedade.
Feliz día!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)