O venres foi o día da poesía e cada clase fixo unha poesía do seu animal en perigo de extinción.
Aquí tedes algunhas mostras:
O venres foi o día da poesía e cada clase fixo unha poesía do seu animal en perigo de extinción.
Aquí tedes algunhas mostras:
Hoxe conmemoramos o día da muller e tivémola sorte de contar ca visita da escritora Cristina Justo. Aos de infantil contoulles o conto de Iriña bailarina e aos de primaria "O país dos mandóns" . Aos rapaces gustoulles moito a actividade.
Tamén traballaron o libro "Eu vou comigo" e todolos rapaces visionaron o video "Mulleres compositoras de música clásica".Este ano conmemoramos o día de Rosalía dende a biblioteca. Fixemos o visionao dun vídeo que gravamos entre todo o colexio, cada aula recitou unha estrofa do poema "Adiós ríos, adiós fontes" e ao final obtivemos o poema completo.
Ademais, os mestres fixeron un recitado do poema "Airiños, airiños aires" para o alumnado e vimos varios vídoclips onde se acompañaba de distinta música aos poemas de Rosalía.
En definitiva, escoitamos o seu legado dende as súas creacións, en forma de recitado e de canción.
Xa temos os gañadores do concurso, foi unha decisión moi díficil posto que eran todas moi bonitas.
En Infantil e 1º de primaria o deseño é colectivo.
Hoxe estiveron con nós " Marieta Bolboreta" e contaron o conto " As tres bolboretas".
Velaquí tedes o resultado do traballo de todo o centro.
Coordinado pola mestra de música creamos esta versión " Que non calen " para traballar o 25N.
Está a piques de chegar o 25N ( Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres) e dende a biblio xa temos as lecturas escollidas.
Rematando coas actividades de Samaín, esta semana faremos encontros na biblioteca para poder compartir os contos de medo creados nas aulas.
Comezamos cos nenos de primeiro e segundo. A continuación, poderedes ver os vídeos de cada clase contando o seu conto.
Esperamos que vos gusten en non vos de moito medo.
Gañadores do concurso de contos de medo:
Infantil e 1º ciclo premio colectivo
3ºA:Paula
3ºB: Paola
4º A: Iris
4ºB: Daniela
5ºA: Mateo
5ºB: Alexa
6ºA: Ana
6ºB: David