O venres 1 de decembro recibimos na biblioteca a autora Laura López Chas co seu conto As Cores da Sabana para os nosos alumnos de 1º e 2º, relacionándoo xa co Día Internacional das persoas con Discapacidade (3 de decembro).
Primeiro a autora lles liu o conto na biblioteca, e logo tiveron uns talleres relacionados cos sentidos na Ludoteca. Foi unha actividade moi divertida.
E, por suposto, deixounos o cartel adicado para a nosa colección!
Moitas grazas Laura e ata a próxima.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Deixa na caixa o teu comentario.
Clica en Nome/URL e escribe o teu nome e curso.
Clica en "Publicar comentario".
O teu comentario publicarase unha vez moderado. Pode tardar...