Seguindo coas celebracións mañá 29 de marzo celébrase o Día Mundial da Danza, e Lara ten unha proposta para todos vós:
A tarefa/reto desta semana é para todo o alumnado do cole, é moi doada e consiste en enviar un vídeo bailando ao correo electrónico laraval@ceipidp.net .
Cómo?:
- En familia, sós ou soas, en parella, agarrados, soltos...
- Podedes saír disfrazad@s, tunead@s... imaxinación ao poder!
- O vídeo terá unha duración de 15 segundos.
- Lembrade que o móbil que grave sempre estará en posición horizontal.
- Podedes escoller a música que mais vos preste: clásica, moderna, tradicional...
Ademais para a rapazada de 5º e 6º, déixovos unha tarefa para que me enviedes ao meu correo: FORMULARIO DANZA
💃💃💃💃💃💃💃💃💃💃💃💃💃💃💃
Tedes ata o martes da semana próxima para enviar os vosos vídeos.
Tedes toda a información no Blog de Música, onde tamén hai un montón de exemplos de danzas.
Animádevos!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Deixa na caixa o teu comentario.
Clica en Nome/URL e escribe o teu nome e curso.
Clica en "Publicar comentario".
O teu comentario publicarase unha vez moderado. Pode tardar...